Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 10:57
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo en marcha un cribado no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal tras detectarse ata a xornada do venres un total de 29 casos en diferentes brotes vinculados entre si.
Segundo informou a área sanitaria de Santiago e O Barbanza, o cribado estenderase ata o vindeiro mércores, día 7, co obxectivo detectar posibles casos asintomáticos. En total, serán citadas case 6.700 persoas do concello con idades comprendidas entre os 25 e os 65 anos. A cita chegaralles vía mensaxe de texto (SMS) e indicará o lugar --Hospital do Barbanza-- e a hora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.