O Concello da Coruña pide elaborar un "catálogo razoado" de Luís Seoane que garanta a autoría das súas obras

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, dixo que na reunión do padroado celebrada o pasado mes de novembro se puxo a disposición dos asistentes o informe sobre os traballos expostos na mostra de Lalín.

Por E.P. | A CORUÑA | 07/04/2021 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, avogou pola elaboración dun "catálogo razoado" sobre a obra de Luís Seoane para evitar posibles "dúbidas" en relación á autoría dalgúns dos seus traballos. Así se situou ao ser preguntada, coincidindo coa súa comparecencia ante os medios de comunicación para informar os asuntos da Xunta de Goberno, en relación á polémica sobre as obras expostas en Lalín en xaneiro do ano pasado.

Trátase en concreto da mostra 'Creacións máxicas de medidas exactas. Maruja Mallo e Luís Seoane en Buenos Aires (1936-1965)', organizada polo Concello de Lalín co apoio da Xunta.
Despois de que transcendese que un informe da Fundación -- elaborado tamén o ano pasado-- pon en "dúbida" a autoría dalgunhas obras atribuídas a Luís Seoane, en concreto 18, nesta mostra, a alcaldesa reiterou que "nin o concello nin a Fundación organizaron esa exposición".

Con todo, e ante a reunión do padroado da Fundación convocada este mércores, manifestou que, como presidenta, proporá a elaboración de "un catálogo razoado da obra" do artista para dar garantía en caso de "diverxencias de criterio ou dúbidas" sobre a obra do mesmo. Por outra banda, dixo que na reunión do padroado celebrada o pasado mes de novembro se puxo a disposición dos asistentes o informe sobre os traballos expostos na mostra de Lalín.

Arquivo - Luís Seoane. FUNDACIÓN LUÍS SEOANE - Arquivo
Arquivo - Luís Seoane. FUNDACIÓN LUÍS SEOANE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta