Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/04/2021 | Actualizada ás 20:42
Un menor foi atropelado na tarde deste luns, uns minutos antes das 19,00 horas, no lugar de Outeiro, no municipio ourensán de Vilar de Santos, segundo informa o 112 Galicia.
Este suceso provocou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que acudiu ata o lugar e trasladou ao menor ata o CHUO. Foron tamén avisados, entre outros, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Xinzo.
Noutra orde de cousas, o 112 Galicia informa de dous feridos nunha saída de vía no Concello de Baños de Molgas (Ourense), na estrada de Maceda cara ao santuario dos milagres.
Entre outros, informouse os axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES de Pereiro de Aguiar e aos membros de Protección Civil da localidade, quen confirmaron o traslado dos feridos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.