Aberta a votación para escoller os mellores poemas galegos e portugueses

Dende o 14 de abril ao 10 de maio poderanse votar de maneira online no certame aRi[t]mar

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2021 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O certame aR[i]tmar abre o proceso de votación popular para escoller os mellores poemas galego e portugués do 2020. O xurado escolleu, nesta edición, 10 poesías galegas e 10 portuguesas que xa se poden ler e votar a través da páxina web do certame. Poderase participar na votación online dende as 12.00 do dia 14 de abril ata as 23.59 do 10 de maio.

Presentación da gala aRi[t]mar 2019
Presentación da gala aRi[t]mar 2019 | Fonte: Foto aRi[t]mar

Os gañadores participarán en outono na Gala de entrega de premios, que se celebra anualmente en Santiago de Compsotela, cando tamén serán entregados os premios das mellores músicas galego e portuguesa. 

O certame, organizado pola Escola Oficial de Idiomas, ten como obxectivo a divulgación da música e poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e lingua dos dous países. 

Entre as finalistas galegas deste ano atópanse pezas de Ana Romaní, Araancha Nogueira, Carlos Lorenzo e Baldo Ramos, Iria Pinheiro e María Ledo, Eduardo Estévez, Lucía Cernadas, María Lado, Rosa Enríquez, Rosalía Fernández Rial e Francisco Fernández Naval. 

Pola súa banda, os poemas portugueses seleccionados son de Álamo Oliveira, Alexandra Santos, Hélia Correia, João Pedro Méssender, Jorge C. Ferreira, Jorge Sousa Braga, Márcia, Raquel Serejo Martins, Rosa Olivira e Samuel F. Pimenta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta