Por E.P. | A CORUÑA | 26/04/2021 | Actualizada ás 20:11
O comité de empresa de Albada reclamou ao Concello da Coruña que "busque unha solución" sobre a xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián, á vez que avanza que continuará as mobilizacións.
Nun comunicado, o comité denuncia que a pasada semana unha das dúas liñas da produción "sufriu unha rotura que puxo en grave perigo o cadro de persoal e mantivo parada a liña de produción durante varios días". "A falta de mantemento preventivo por parte de Urbaser está a multiplicar exponencialmente o risco para os traballadores e as traballadoras", engade nun comunicado no que reclama que o concello se faga cargo do persoal e da planta.
Por outra banda, indica que mantén as concentracións convocadas os próximos 29 de abril e 6 de maio, de 9,30 horas a 10,30 horas, na praza de María Pita.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.