Detida unha persoa en Santiago por agredir a axentes da Policía Local tras negarse a usar máscara

A detención produciuse ás 23,30 horas do pasado luns, xornada na que outro seis persoas foron propostas para sanción pola Policía Municipal por non usar máscara.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago arrestou a unha persoa por agredir aos axentes despois de negarse a usar máscara e a identificarse, segundo informou o goberno compostelán.

A detención produciuse ás 23,30 horas do pasado luns, xornada na que outro seis persoas foron propostas para sanción pola Policía Municipal por non usar máscara.

Ademais, tres persoas foron identificadas circulando pola rúa en horario de toque de queda nunha noite de luns na que os axentes da Policía Local acudiron a dous pisos nos que se celebraban festas.

Axentes da Policía Local.
Axentes da Policía Local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta