Por Galicia Confidencial | Ferrol | 30/04/2021 | Actualizada ás 17:43
O atleta de Ferrol José Vicente Rioseco, de 80 anos, acadaba esta mesma mañá nas pistas do ¨INEF¨ de Bastiagueiro un novo récord do mundo da categoría M80 sobre os 800 metros. Unha distancia na que investiu 2:41.59, rebaixando a actual plusmarca en máis sete segundos que estaba en posesión do canadiense Earl Fee con 2.48.95 efectuados en Toronto no ano 2009.
O multiplusmarquista mundial tiña ademáis un dobre motivo para a celebración xa que este venres cumplía 80 anos estreando categoría. "Con este importante rexistro, o atleta ferrolá nas ringleiras do Atletismo Narón suma o seu cuarto récord mundial", apuntan desde a Federación Galega de Atletismo nun comunicado.
Antes acadara xa plusmarcas na categoría M75 sobre os 2.000 m. obstáculos con 8.29.26 (2019); o dos 1.500 m. con 5:11.27 (2018) e o dos 800 m. con 2:30.59 (2016), ademáis dos catro récords de España tanto en aire libre como na pista cuberta. A RFEA nomeouno no 2019, xunto a tamén máster Rosa María Escribano, mellor atleta máster español do ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.