Por X.M. Fernández | Allariz | 05/05/2021 | Actualizada ás 21:17
O proxecto comezou coa colocación de 6 novos indicadores na Ruta do Canelar. Esta ruta é un sendeiro circular de grande interese paisaxístico e patrimonial que parte e remata na aldea de Paicordeiro.
O Canelar ten una variante longa de 9 quilómetros que chega ata Penamá. Neste punto foi sinalizado un miradoiro que ofrece unha vista espectacular en pleno epicentro da Reserva da Biosfera Area de Allariz. A ruta tamén conta cunha variante curta de 5 quilmetros que conduce ata a bela aldea de San Salvador dos Penedos e os restos do Castelo de Todea, volvendo ao punto de inicio. O percorrido de volve dende San Salvador ata Paicordeiro transcorre pola Vía da Prata o seu paso polo Concello de Allariz.
Ademais desta intervención, neste mes de maio procederase á resinalización e mantemento do tramo das rutas BTT que percorren a Reserva da Biosfera, en Allariz.
De cara ao verán procederase a mellora das pezas informativas en Santa Mariña e Armea, colocando indicadores para que os visitantes sigan a ruta correcta sen perder nada dunha paraxe histórica e natural magnifica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.