O PP culpa agora ao Goberno de "bloquear" a transferencia da AP-9

Un deputado ourensán no Congreso denuncia o "abuso" de PSOE e Podemos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O deputado ourensán do Grupo Parlamentario Popular Celso Delgado acusou ao Partido Socialista e a Podemos de "bloquear" no Congreso a tramitación da proposición de lei para a transferencia da AP-9 a Galicia. Nun comunicado remitido aos medios, o parlamentario denuncia o "abuso" que, na súa opinión, "están a cometer PSOE e Podemos-Galicia en Común na Mesa do Congreso ao paralizar a tramitación" desta iniciativa.

Segundo lembrou, o pasado día 2 de febreiro tivo lugar, no pleno da Cámara Baixa, o debate de toma en consideración da proposición de lei. Tras superar o trámite anterior, o día 12 acordouse encomendar o ditame sobre a mesma á Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, así como dispor a súa tramitación polo procedemento de urxencia e abrir un primeiro prazo de oito días hábiles --que expiraba o 24 dese mes-- para que os deputados e os grupos parlamentarios puidesen presentar emendas ao articulado.

Con todo, o deputado denuncia que, "desde aquela data", a Mesa do Congreso xa acordou 10 prórrogas, das que oito foron aprobadas coa oposición dos dous parlamentarios do PP que integran este órgano --Ana Pastor e Adolfo Suárez--, que insistiron en cada reunión que o prazo debía concluír.

"É inxustificable que unha iniciativa cuxa toma en consideración foi aprobada por unha ampla maioría de 287 deputados e cuxa tramitaciónse dispuxo que fóra polo procedemento de urxencia se encuentredeliberadamente bloqueada polos partidos que ten o control da Mesa, o PSOE de Pedro Sánchez e Podemos-Galicia en Común", incidiu.

Ponte de Rande após a ampliación. EUROPA PRESS - Archivo
Ponte de Rande após a ampliación. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta