A Xunta busca o cumprimento do "Plan de Hostalaría Segura" por parte dos furanchos

O Goberno Galego activa a descarga de carteis con información sobre a capacidade máxima permitida e oacceso ao código QR destes establecementos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A Xunta activou a descarga de carteis con información sobre a capacidade máxima permitida en furanchos e o acceso ao código QR destes establecementos. A Vicepresidencia Primeira do Goberno galego trasladou que se notificou aos concellos da comunidade que os propietarios destes locais poden descargar carteis con información sobre o aforamento dos seus establecementos na páxina web Passcovid da Xunta.

Estas follas tamén inclúen códigos QR para que os usuarios poidan escanear e rexistrar de forma voluntaria a súa visita co obxectivo de facilitar o rastrexo de posibles brotes de covid-19.

Así mesmo, a Vicepresidencia Primeira sinalou que os furanchos deben cumprir a normativa establecida para a hostalaría e a restauración no Plan de Hostalaría Segura. Así, deben respectar as capacidades e horarios fixados para os negocios de acordo coa situación epidemiolóxica de cada municipio, así como as distintas medidas de seguridade.

Adicionalmente, lembrou que os concellos dispoñen dun rexistro municipal de furanchos para a inscrición destes locais e que deben vixiar o cumprimento da normativa.

Furancho A de Caballero.
Furancho A de Caballero. | Fonte: FONTE: FURANCHEIRO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta