Feijóo, molesto pola publicación de novas sobre a súa vida sentimental

A noticia dos novos amores de Feijóo convértese nunha das máis lidas das edicións dixitais dos medios. O líder popular amosa a súa sorpresa por estas informacións. Na campaña do 2009 foi o PP quen tamén "aireou" a vida sentimental do entón candidato do BNG, Anxo Quintana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/11/2013 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Sacar a Galicia da crise, ou alomenos tentalo, deixa tempo libre para outras cousas. Non todo vai ser traballar. Non fixo caso o presidente da Xunta daquela vella recomendación de Manuel Fraga a un prometedor Mariano Rajoy: "Case e aprenda galego". Alberto Núñez Feijóo permanece solteiro, e cada pouco, a prensa, sobre todo a madrileña, sácalle novas noivas. Esta semana, Eva Cárdenas, directora de Zara Home e man dereita do presidente de Inditex, Pablo Isla. Unha información que incomodou ao mandatario galego. "O matrimonio é a institución menos democrática das que coñezo", chegou dicir nunha ocasión.

Feijóo saúda as damas do Albariño acompañado de Paloma Lago
Feijóo saúda as damas do Albariño acompañado de Paloma Lago

Lonxe quedan os actos da primeira toma de posesión de Feijóo como presidente galego, alá por 2009, sempre coa presenza da súa noiva Cármen 'Chiny' Gamir, a quen coñecera cando esta era correspondente de La Región en Madrid. Os fotógrafos retrataron o bico da parella no Parlamento galego, viaxaron xuntos ao Vaticano a ver o Papa e a nai de Feijóo chegou a pedirlle netos en público. "Pero el está casado con Galicia", contaba a señora que lle respondía o seu fillo.

Mosqueo cos medios

Pero case catro anos de lexislatura, a primeira, dan para moito. Na campaña da súa reelección, era evidente o mosqueo do candidato do PP cando os xornalistas nas entrevistas lle preguntaban pola súa ex-parella, xa con acomodo en gabinetes populares de Madrid: é xefa de prensa da secretaría de Estado de Orzamentos, en mans da ex-conselleira Marta Fernández-Currás.

Antes, durante e despois, varias relacións atribuíronselle ao presidente Núñez Feijóo: Paloma Lago, con quen coincidiu nunha Festa do Alvariño; a xornalista Teresa Viejo, despois de que La Región publicase que foran vistos xuntos nun balneario portugués; ademáis doutras mulleres, como unha xornalista galega e unha política do PP

Feijóo con 'Chiny' Gamir, a súa ex parella
Feijóo con 'Chiny' Gamir, a súa ex parella

E agora, Eva Cárdenas

Agora chega o turno de Eva Cárdenas, directora de Zara Home. Segundo Vanitatis.com, a relación coa directora de Zara Home, divorciada de 48 anos e cunha filla, xa leva varios meses. Este xoves, o presidente da Xunta amosou a súa sorpresa pola publicación de cuestións referidas a súa vida privada. E non lle falta razón ao presidente. A nova mesmo era unha das máis lidas nas edicións dixitais dalgúns medios. Sen embargo, o presidente galego ten que lembrar que permitiu que, durante a campaña electoral do 2009, o PP 'aireara' a vida sentimental do entón candidato do BNG, Anxo Quintana, que acababa de separarse da súa parella, concelleira en Allariz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 Mastro

D. Manuel Fraga, que con Franco estea, daríalle o mesmo consello a Rajoy? Poida que si. É bastante coñecida a aficción de Rajoy polos puros; si tivera ese amor polo galego...

1 Pastelao

Galicia Confidencial, bem se lhe vê ao nazionalismo em quanto se rasca um pouco o "pelo de la dehesa". Aqui se têm censurado comentários por chamar "parvo" ou "mamón" a alguém; ora bem, pode-se tildar livremente de maricón, como os bochornosos comentários que me antecedem, e isso não é da homofóbia e não os censurades. Dades noxo.

1 Farto

Axiña facedes un anatema co que non comulga coa vosa corda. Semella que o políticamente correcto e natural é "gayer" e non tratar todo baixo o voso punto de vista é ser un retrogrado. O mesmo respecto e dereitos que deben todas as minorías, pero aquí hai unha dictadura e protagonismo dun sector que representa tan só entre un 11 e 15% da poboación mundial. Defender a familia tradicional, ou non estar de acordó coa adopción de nenos por parellas homosexuais axiña convirte a un nunha espece de reaccionario ou cavernícola, cando o lobby gayer é principalmente elitista e reaccionario. Agora o progreso é o feminismo son o políticamente correcto para o sistema, porque o feminismo desune a poboación xa que sustitue clase por xenero, e a homosexualide axuda o malthusianismo social, que non hai para todos tendo uns tanto.