Denuncian atrasos nas axudas da Xunta para autónomos

"A piques de comezar o mes de xuño de 2021, a Xunta aínda non convocou nin o Programa TR341D de Promoción do Emprego Autónomo nin o Bono Autónomo", denuncian os xestores administrativos de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Os xestores administrativos de Galicia alertan de que "aínda non saíron" as axudas da Xunta "Promoción de Emprego Autónomo" nin o "Bono Autónomo" convocadas o pasado febreiro.

Así o alertou a través dun comunicado de prensa o Colexio oficial de Xestores Administrativos de Galicia ante os "centenares de consultas", asegura, que reciben os seus despachos colexiados sobre as axudas da Xunta dirixidas a traballadores autónomos.

"A piques de comezar o mes de xuño de 2021, a Xunta aínda non convocou nin o Programa TR341D de Promoción do Emprego Autónomo nin o Bono Autónomo, cando en 2020 o prazo para solicitar estas axudas abriuse o 4 de febreiro", sinalou a entidade colexial.

Así mesmo, estes profesionais sinalan que os traballadores autónomos "están a sufrir especialmente a crise económica" e que, "agora máis que nunca, necesitan apoios para pór en marcha os seus negocios, ou ben consolidar ou manter os que xa abriron".

Por outra banda, sobre a proposta realizada polo Goberno para establecer un novo modelo de cotización para os traballadores autónomos, aseguran que "foi mal recibida tamén" polos xestores administrativos de Galicia.

Estes profesionais, cunha rede de case 600 colexiados na Comunidade galega, advirten de que a implantación destes novos tramos de cotización, que oscilarán entre os 90 euros e os 1.220, "podería supor un forte golpe para os pequenos e medianos autónomos".

Así, por exemplo, explican que "un traballador que gañe menos de 3.000 euros ao ano tería que pagar uns 1.080 euros de seguridade social, quedando só con 1.920 euros netos", o que, a xuízo destes profesionais, supón unha "sangría".

Feijóo, tras o Consello da Xunta
Feijóo, tras o Consello da Xunta | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta