Falece o catedrático e profesor emérito da USC Luís Caramés

"Galicia perde a unha das persoas que mellor cultivou o coñecemento dos seus alumnos nas aulas da USC durante 35 anos", lamentou Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/06/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O catedrático e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela Luís Caramés faleceu este fin de semana.

Fontes da universidade confirmaron a Europa Press a morte deste exdocente, que se xubilou tras traballar durante 35 anos na institución educativa.

Pola súa banda, a través dunha publicación na súa conta de Twitter, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o seu "agarimo" á familia de Caramés, que era membro da Real Academia Galega das Ciencias, e lamentou o seu falecemento.

"Galicia perde a unha das persoas que mellor cultivou o coñecemento dos seus alumnos nas aulas da USC durante 35 anos", lamentou Feijóo, quen lembrou a traxectoria profesional do que fose decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da universidade compostelá.

O economista e catedrático de USC Luis Caramés.
O economista e catedrático de USC Luis Caramés. | Fonte: Fonte: RAGC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta