Editan un libro sobre as vivencias, esforzos, achegas e obstáculos das primeiras científicas da USC

"Tiven a chave, a biclicleta e os catro libros", da doutora en Bioloxía Xoana Pintos, descubre os talentos das mulleres pioneiras na ciencia compostelá e tamén os obstáculos que "persisten a día de hoxe".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O libro "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros", da doutora en Bioloxía Xoana Pintos e editado por Galaxia, recolle as vivencias, esforzos, achegas e obstáculos con que se atoparon as primeiras científicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, defendeu este luns na presentación da obra o rol das institucións na loita fronte aos estereotipos de xénero.

No Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela, Lorenzana destacou que o libro contribúe a "descubrir os talentos" das mulleres pioneiras da ciencia, e a coñecer as vicisitudes ás que se enfrontaron para poder avanzar.

Ademais, resaltou que, segundo constatou a unidade de muller e ciencia na área educativa, as mulleres adoitan obter mellores resultados académicos, rexistran menores taxas de abandono escolar, participan en maior medida en actividades de aprendizaxe permanente e engrosan as matrículas universitarias en carreiras vinculadas ás ciencias da saúde e nas carreiras de ciencias.

Con todo, lamentou que os obstáculos "aínda persisten a día de hoxe", e citou como exemplo dificultades no acceso das mulleres ao mercado laboral, a maior precariedade e a brecha salarial e menor evolución profesional debido á falta de corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

A doutora en Bioloxía Xoana Pintos.
A doutora en Bioloxía Xoana Pintos. | Fonte: Fonte: Xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta