Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/06/2021 | Actualizada ás 21:15
O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo no Mercado de Abastos de Pontevedra, regresa esta fin de semana cun Espazo Gastro no que os máis pequenos poderán elaborar un gapzacho de amorodos ou un banana split. Tamén haberá un Espazo Crea onde se confencionarán uns lapiseiros con forma de ourizos e se viaxará a través dos planetas.
Tal como dinala a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, "as actividades desenvolveranse en dúas sesións, con horarios de inicio ás 11:00 e ás 12:30 horas". O sábado estará dedicado á elaboración do gazpacho e do lapiseiro con forma de ourizo e o domingo farán o banana split e disfrutarán do espazo exterior nun planetario.
Todos aqueles nenos de entre 4 e 10 anos que estean interesados en participar nos talleres poden reservar a súa praza a través do correo electrónico oganapan@gmail.com. A inscrición pechará ás 16:00 horas da xornada anterior á celebración dos obradoiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.