A novena edición do festival Atlántica celebrarase ao aire libre en espazos patrimoniais de 27 concellos

Contará con 82 actuacións de 35 artistas brasileiros, portugueses, guineanos, galegos e do resto de España.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/06/2021 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A IX Edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica celebrarase este verán nun total de 27 concellos de toda Galicia, en lugares ao aire libre e de interese patrimonial. Brindará 82 actividades para todas as idades da man de 35 artistas de distintas nacionalidades --brasileiros, portugueses, guineanos, galegos e españois--.

Presentación do IX Edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Presentación do IX Edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) | Fonte: Europa Press.

Todo iso son cifras dadas pola directora do festival, Soledad Felloza, quen quixo destacar o aumento de sedes en cada concello, 50 en total.

Por outra banda, Felloza declarou que esta edición abandonará as salas e tomará parte no "rico patrimonio material" de Galicia, como as Torres de Altamira, na Coruña; o castro de Castrolandín, en Cuntis; ou o claustro do Museo do Pobo Galego, en Santiago. O obxectivo é chegar a 435.000 persoas, segundo cifras da directora do festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta