Morre no encoro da Fervenza un neno que estaba de excursión

O menor formaba parte dun grupo escolar de Carballo que estaba de excusión. Educación decreta tres días de loito oficial no CEIP Fogar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun menor que se entraba de excursión no encoro da Fervenza, en Mazaricos, foi achado sen vida na mañá deste martes.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, ás 12,30 horas recibiu a chamada dun particular que pedía axuda para atopar a un neno que caera á auga e que non o localizaban.

Pola súa banda, fontes do operativo de emerxencias explicaron a Europa Press que o menor formaba parte dun grupo escolar de Carballo que estaba de excusión.

Tras recibir o aviso, o persoal do 112 informou os servizos sanitarios, que desprazaron ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos bombeiros de Santa Comba, ao GES de Muros e aos membros de Protección Civil de Mazaricos.+

Encoro da Fervenza
Encoro da Fervenza | Fonte: Igrexas en Wikipedia.

Pola súa banda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade trasladou o seu "máis sentido pésame" en nome do Goberno galego á familia do menor falecido este martes en Mazaricos durante unha excursión escolar.

O departamento autonómico trasladou o seu apoio "especialmente" aos seus compañeiros e profesores do CEIP Fogar de Carballo, "sendo conscientes de que non existen palabras que minoren a terrible dor deste momento".

Desde Educación trasladaron que están en contacto coa dirección do centro para facilitar "todo o apoio que sexa necesario nunha situación como esta", do mesmo xeito que se puxeron a disposición das autoridades xudiciais que centralizan a investigación dos feitos.

TRES DÍAS DE LOITO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade decretou tres días de loito oficial sen actividade lectiva no CEIP Fogar de Carballo por mor desta morte.

Educación fixo chegar a decisión aos pais a través dun comunicado. O propio conselleiro do ramo, Román Rodríguez, quixo manifestar o seu apoio a través da súa conta en redes sociais ante este tráxico suceso: "Galicia está conmocionada polo tráxico accidente ocorrido este mediodía en Mazaricos. Quero trasladar o meu máis sentido pésame á familia e seres queridos do neno e total apoio á comunidade educativa. Descanse en paz", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta