Novo ataque racista en Santiago, esta vez un pai e os seus fillos contra unha muller peruana en Santiago

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/06/2021 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Unha muller peruana sufriu na noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño, unha agresión racista en Santiago de Compostela por parte dun pai e os seus dous fillos. Diso informou este xoves o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen reproba este incidente racista "bastante grave", que realizaron presuntamente tres individuos contra unha persoa de nacionalidade peruana residente en Santiago.

Danos na exposición dedicada ás persoas migrantes e refuxiadas, na Alameda de Santiago de Compostela
Danos na exposición dedicada ás persoas migrantes e refuxiadas, na Alameda de Santiago de Compostela | Fonte: Concello de Santiago.

Agora, seguirase un procedemento xudicial por uns feitos que ocorreron no barrio de Conxo. O rexedor explica que será o xuíz o que determine as responsabilidades que corresponden, aínda que "hai indicios dunha actuación xenófoba" porque "hai frases que se dixeron cara a esa persoa".

Precisamente, esta semana unha mostra sobre refuxiados na Alameda compostelá sufriu ataques vandálicos. Por todos estes feitos, o alcalde móstrase "preocupado" e "indignado", mentres pide que calquera persoa en Santiago sexa "respectada".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta