Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 17:14
Unha de cada catro granxas de visóns americanos que existen en Galicia rexistraron brotes de covid-19, segundo alerta nun comunicado o Fondo Mundial para a Natureza (WWF).
Tras coñecerse nos últimos días catro novos brotes en granxas de Abengondo, A Baña e Santiago, a plataforma animalista emitiu este luns un comunicado no que pon de relevo a "gravidade" destes episodios.
Como lembra, Galicia suma no que vai de pandemia un total de sete brotes, o que supón unha cuarta parte das 25 granxas de visóns americanos que existen na comunidade.
Por tanto, WWF solicita o peche de maneira "urxente" deste tipo de explotacións pola súa "altísima incidencia" en materia epidemiolóxica.
O colectivo cualifica este tipo de granxas como "bombas biolóxicas" que "ademais de supor un alto risco para a saúde por actuar de transmisores" do virus tamén representan "un perigo" para biodiversidade.
Neste sentido, lembran que "con frecuencia" estes animais escapan das granxas e "invaden" os hábitats galegos, o que supón "o desprazamento" e a "extinción" de "moitas" especies autóctonas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.