Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2021 | Actualizada ás 00:07
Estudantes galegos confinados no Hotel Palma Bellver pola súa vinculación co 'macrofoco' das viaxes de fin de curso en Mallorca, acolleron "aliviados", pero "algo confusos", a decisión tomada polo o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº3 de Palma de non ratificar a corentena forzosa daqueles estudantes que desen negativo ou aos que non se lles practicou a proba.
Doce deles abandonarán a illa este xoves no barco fretado polo Goberno balear que partirá rumbo a Valencia con estudantes que permanecían recluídos no hotel-ponte. Segundo as autoridades sanitarias baleares, trátase dos doce galegos que se atopaban confinados e Sanidade afirma que todos eles viaxan con resultado negativo nas probas diagnósticas.
Finalmente, Sanidade ratificou a cifra dada polo Goberno balear, e rectificou así a ofrecida en días anteriores que apuntaba a que eran 18 os mozos confinados na illa. Con todo, os mozos galegos recluídos no lugar apuntan a que son máis dunha vintena, "todos negativos", tal e como indicou unha das mozs, María Moreira, consultada por Europa Press.
A titular do tribunal si avala confinar a aquelas persoas que desen positivo nunha proba de coronavirus. Por outra banda, require ao Govern balear que informe o Xulgado cada cinco días da evolución na situación de cada unha das persoas afectadas para revisar o confinamento. Esta resolución pode ser recorrida en apelación ante a Sala Contenciosa do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares.
ACCIÓNS LEGAIS
Os pais galegos dos estudantes illados no 'hotel-ponte' recibiron con satisfacción o auto do TSJIB, pero tamén se mostraron "cautelosos", posto que "non recibiron ningunha notificación aínda".
Algúns proxenitores sinalaron xa a súa intención de presentar accións legais contra o Govern balear --como é o caso dunha das nais dun grupo de 28 mozos andaluces--, pero a proxenitora dunha das estudantes galegas illadas e negativas, subliñou que o "principal" é "traelos de volta" e que "ao non ter nada oficial", aínda non saben "como proceder". "Cando os deixen saír, tentaremos buscarlles o primeiro voo que haxa", sinalou a proxenitora.
VOLTA A CASA DOS POSITIVOS
En canto aos positivos relacionados co 'macrobrote' balear, a Consellería de Sanidade, en base aos datos actualizados a mañá deste mércores, confirmou 155 casos e 550 contactos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.