Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/07/2021 | Actualizada ás 16:33
A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou 19 positivos por Covid-19 nun cribado realizado a mozos este martes e mércores no municipio de Boiro.
Segundo informou esta área sanitaria, neste cribado participaron un 58 por cento dos 2.400 mozos de 16 a 29 anos convocados entre a tarde do martes 13 e a mañá deste mércores pasado a PCR no centro de saúde de Boiro.
Ademais, este xoves pola tarde no Hospital Clínico e na tarde deste venres organizouse outro cribado poboacional con case 3.200 mozos de entre 16 e 20 anos con tarxeta sanitaria no municipio de Santiago.
Tamén esta área sanitaria informou de que comeza a autocita para o diagnóstico de infección por Covid-19, polo que a partir deste venres, 16 de xullo, ás 15,00 horas os mozos entre 16 e 29 anos con tarxeta sanitaria no concello de Santiago poderán solicitar a realización dunha proba diagnóstica na ligazón
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.