Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 16:42
A Xunta lembra aos cidadáns que "o botellón está prohibido" e avisa de que cada participantes pode ser sancionado con multas de entre 200 e 300 euros.
Así o destacou a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia en comunicado tras a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop) celebrada para velar polo cumprimento das medidas para frear a pandemia contra a Covid-19.
Deste xeito, a Xunta incidiu en que as forzas de seguridade "extremarán os controis" este fin de semana en Galicia "para evitar que se celebren botellóns".
O director xeral de Emerencias, Santiago Villanueva, apelou á responsabilidade da poboación para "evitar que os contagios" de Covid-19 "sigan en aumento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.