Por Galicia Confidencial | Muros | 29/07/2021 | Actualizada ás 18:38
Seis persoas que ían en dous kayaks foron rescatadas este xoves tras quedar á deriba as embarcacións nas que navegaban.
Unha das persoas que ía nos kaiaks avisou ao 112 Galicia sobre as 18,00 horas de que navegaban fronte á praia de San Francisco, en Louro, pero afastáronse da liña de costa do areal e a corrente non lles permitía regresar á beira. Ademais, sinalaba que as embarcacións, nas que viaxaban seis persoas --entre elas, dous menores--, estaban rodeada por varios golfiños.
Así, deuse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación para acudir ao rescate, así como ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
Tamén foron informados os socorristas da praia de San Francisco, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Muros. Todo os ocupantes da embarcación puideron ser rescatados por Salvamento en bo estado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.