Denuncian un "trato desigual" da Axencia Tributaria aos emigrantes galegos retornados

O trato "dispar" entre comunidades prodúcese no caso de persoas cun cónxunxe discapacitado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O secretario provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín, recibiu nos últimos días queixas de emigrantes retornados, principalmente de Alemaña, Suíza, Holanda e diversos puntos de España, por un trato "desigual" por parte da Axencia Tributaria.

Segundo informou o partido socialista ourensán nun comunicado, o artigo que regula esta lei foi introducido no ano 2018 na Lexislación Tributaria e establece que, para que se poida aplicar a dedución na súa declaración da renda de 1.200 euros por ter un cónxuxe a cargo con discapacidade recoñecida en España, a persoa debe ter ingresos inferiores a 8000 euros anuais.

Ademais, os beneficiarios deben, ou ben realizar unha actividade por conta propia ou allea --dados de alta de alta na Seguridade Social--, ou ben ser perceptores de prestacións do sistema de protección do desemprego e pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou Mutualidades alternativas.

INTERPRETACIÓN TERRITORIAL "DISPAR"

Así mesmo, Luís Gulín explicou que a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) realiza unha interpretación territorial "dispar". Así, puxo o exemplo de Andalucía, onde se rexeita o dereito á dedución no caso de que o titular con dereito a esa dedución sexa pensionista estranxeiro e a persoa discapacitada pensionista española, xa que considera que ambos deben ter pensións españolas. Por outra banda, en Asturias ocorre o contrario. A AEAT mantén aquí que a persoa discapacitada debe ser pensionista española pero o titular pode ser perceptor da xubilación estranxeira.

SITUACIÓN EN OURENSE

A reglón seguido, o secretario provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense afirmou que nesta localidade acéptase que tanto a persoa discapacitada como o titular con dereito a dedución teñan só pensións estranxeiras, coa condición de que a discapacidade sexa recoñecida en España.

Desta maneira, Luís Gulín encargarase de trasladar as queixas aos parlamentarios ourensáns para que, con axuda doutros deputados e senadores de España, se consiga un criterio "único" ante o Ministerio de Facenda para un colectivo "especialmente vulnerable por ter un familiar con discapacidade a cargo".

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta