A cidade da Coruña terá un mapa de zonas de baixas emisións

O Concello e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruñ traballarán conxuntamente no seu deseño

Por E.P. | A Coruña | 04/08/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, CITIC, traballarán conxuntamente no deseño, desenvolvemento e implantación de zonas de baixas emisións e na dixitalización da mobilidade da cidade.

O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, asina un convenio co CITIC
O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, asina un convenio co CITIC | Fonte: Andy Pérez - Concello da Coruña.

Farano tras a firma dun convenio entre o concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, e o director do CITIC, Manuel González Penedo, nun acto que tivo lugar no centro de investigación no campus de Elviña. Ambos os proxectos, ademais, serán presentados para optar aos fondos Next Generation.

O obxectivo é, segundo o consistorio, "pór en marcha un proxecto integrador e global que abarcará todos os procesos para xestionar, impulsar e acelerar a transición cara a unha mobilidade sustentable segura inherente á instauración da Cidade 30 como marco urbano en que se poidan cumprir cos obxectivos do desenvolvemento sustentable".

Villoslada sinalou que a dixitalización dos sistemas de xestión do tráfico e a aplicación das últimas tecnoloxías "permitirá que a mobilidade das persoas e as mercadorías sexa máis eficiente". Tamén apuntou que se creará un novo centro de xestión da mobilidade en que integrar dixitalmente todos os procesos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta