Por E.P. | Ferrol | 12/08/2021 | Actualizada ás 16:38
Axentes da Policía Local de Ferrol lograron deter no mediodía deste xoves, 12 de agosto, a un presunto pirómano que levaba varias xornadas actuando en diversas zonas da cidade.
Segundo a Policía, o home, duns 40 anos, foi apresado na zona da rúa Joaquín Bruquetas, no límite con Narón, tras pór lume, supostamente, na zona O Boial, na mañá deste xoves.
Tras ser apresado foi identificado e levado á Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón para que se fixesen cargo do presunto incendiario apresado.
A actividade desta persoa estaba a pór en risco a integridade da cidadanía, indican as mesmas fontes, xa que se lle acusa de iniciar lumes na zona do Bertón, un deles mesmo na maleza da estrada da Trincheira, nas proximidades da rúa Adolfo Ros, ademais de na zona da Ponte das Cabras, todo iso durante a mañá deste mércores.
Pola súa banda, durante a tarde do mércores fíxoo nunha zona próxima á vía do tren nas proximidades do Acceso Norte, accións incendiarias que viñan precedidas da mesma actividade días anteriores.
Ao detido tamén se lle acusa de prender lume, ademais de a maleza, a colectores de lixo repartidos por varias zonas do concello ferrolán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.