Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2021 | Actualizada ás 19:56
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde pola que se clasifica "de interese cultural, educativo, ambiental e de promoción dos valores constitucionais, estatutarios e de defensa dos principios democráticos" á Fundación La Toja. A Fundación La Toja quedará adscrita, así, ao protectorado da Vicepresidencia Primeira da Xunta.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no prazo de dous meses, podendo interpor previamente e con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes.
A orde recolle que o pasado 7 de xullo, na súa condición de presidente do padroado da Fundación, Amancio López Seijas, presentou solicitude para que fose declarada de interese galego e a súa inscrición no rexistro de fundacións de interese galego, e que se axusta aos preceptos da normativa relativa ás mesmas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.