Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2021 | Actualizada ás 11:08
Os efectivos de loita contra o lume lograron controlar o incendio que afecta desde este xoves ao municipio ourensán de Rubiá.
As chamas orixináronse sobre as 18,06 horas, na parroquia homónima dese municipio, e desde entón permanece en activo e afectando a unhas 200 hectáreas, segundo as estimacións provisionais.
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, os servizos de extinción lograron controlar o lume sobre as 20,59 horas deste venres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.