Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2021 | Actualizada ás 14:26
O incendio que afecta a unhas 200 hectáreas do municipio de Rubiá, en Ourense, orixinouse por unha cabicha mal apagada. É a conclusión á que chegou a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) respecto deste lume, que xa foi controlado polo dispositivo de extinción.
Este organismo, dependente da Consellería de Medio Rural, acaba de esclarecer dous lumes rexistrados esta semana nos concellos ourensáns de Rubiá e Carballeda de Valdeorras.
O primeiro, que se rexistra desde o xoves na parroquia de Rubiá, orixinouse presuntamente por unha cabicha mal apagada e a investigación traballa conxuntamente co Seprona para rastrexar este elemento mediante proba de ADN, continuando así coas dilixencias oportunas.
O outro incendio esclarecido rexistrouse este venres en Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, tamén controlado nestes momentos tras afectar provisionalmente a menos dunha hectárea forestal. A presunta causa neste caso foron varias faíscas procedentes da catenaria do tren que orixinaron, polo menos, dous focos de lume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.