Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 20:31
A Consellería de Sanidade notificou a morte doutras seis persoas con covid-19 este martes, co que o número de falecidos elévase a 2.524.
En concreto, informou da morte dun home e dúas mulleres na xornada do día 14, no tres casos con patoloxías previas, precisan desde Sanidade.
Trátase dun home de 94 anos, que faleceu no CHUF e de dúas mulleres, de 83 e 92 anos, respectivamente, que morreron no Hula.
A consellería tamén notifica o falecemento dun home de 82 anos no Chuac o día 15, outro de 56 no Chuvi o día 16 e unha muller de 89 no Chuac tamén este luns 16. Todos eles tiñan igualmente patoloxías previas, segundo a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.