Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/08/2021 | Actualizada ás 18:41
A Consellería de Medio Rural desprazou na medianoite do domingo catro brigadas, dous axentes, un técnico e dúas motobombas pertencentes ao Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF) de Galicia para colaborar na extinción do lume que afecta distintas localidades de Ávila.
A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) achegou un camión cisterna que se encargou de abastecer de auga as motobombas, uns 86.800 litros de auga tanto a medios do SPIF como a dispositivos de intervención doutras comunidades.
Este operativo galego foi mobilizado para tentar controlar o lume nas localidades de Navalmoral e Navalacruz, sendo este último o punto onde se orixinou o incendio o pasado sábado.
Ao longo de dúas xornadas, os efectivos actuaron en distintos puntos quentes do incendio e chegaron a atallar un dos focos tras ser alertado por veciños da zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.