Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 13:54
A portavoz da Marea Atlántica, María García, afirmou que "non apoiarán" ningunha solución que non libere a débeda do porto herculino "de maneira integral", durante unha rolda de prensa e a preguntas dos xornalistas sobre esta cuestión tras a última reunión entre Xunta, Concello da Coruña e Autoridade Portuaria.
"Non nos cabe na cabeza que o goberno local poña 20 millóns de euros por algo que é público e que a postura dos Portos do Estado non se mova nin un milímetro".
"Quedan outros 280 millóns de euros por pagar", incidiu a edil, que precisou que o que cuestionan é que "esas cargas --a débeda do porto-- caian encima da cidade, con fondos municipais ou con aproveitamentos urbanísticos".
ORZAMENTOS
Sobre a situación dos orzamentos e os acordos para a súa aprobación, a portavoz da Marea sinalou que para esta formación "non se trata dunha obra aquí e alá, trátase de proxectos de cidade e antes hai que recuperar os acordos incumpridos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.