Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2021 | Actualizada ás 20:24
O tema 'Amiga sempre', do último disco de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, 'As Catedrais Silenciadas' (Músicas de Salitre, 2020), foi seleccionada para formar parte do álbum recompilatorio 'Great Tunes From The World Music Charts Europe', que sairá o próximo 24 de setembro.
Esta selección feita pola WMCE (acrónimo de World Music Charts Europe) é a lista de música global máis prestixiosa do mundo, realizada por críticos dunha vintena de países. O disco de Díaz chegou a estar ata tres meses consecutivos no top desa clasificación.
Así, esta canción é a única dunha banda do Estado que formará parte da selección xunto coa Banda Morisca, que estará co seu tema 'Tres morillas'. 'Amiga sempre' é un canto sanabrés caracterizado polo virtuosismo e a velocidade no toque da pandeireta.
Pola súa banda, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecha a súa xira de verán con actuacións na sesión vermú do Revenidas de Vilaxoán (12 de setembro), Celanova (18 de setembro) e Lourenzá (2 de outubro).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.