Identifican o conductor que se deu á fuga tras atropelar a un home na Coruña

A vítima continúa ingresada no Chuac con prognóstico reservado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Policía Local conseguiu identificar o condutor que se deu á fuga tras atropelar a un home na medianoite do xoves ao venres na Coruña. Segundo informa o Concello, o accidente ocorreu á altura do número 247 da Ronda de Outeiro, nas inmediacións do cruce coa rúa Vila de Negreira.

A vítima, que recibiu o impacto do coche cando se dispuña a cruzar polo paso de peóns, sufriu unha forte contusión cranioencefálica e continúa ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) con prognóstico reservado.

A Policía comezou a investigación para coñecer a autoría do atropelo co visionado das cámaras da zona. Na xornada do venres, os axentes lograron identificar o vehículo implicado, que se trataba dun Peugeot de cor dourada que presentaba un forte impacto no parabrisas e que estaba estacionado no barrio de Monte Alto. Posteriormente, a Policía identificou o condutor e abriu dilixencias xudiciais por se os feitos puidesen ser constitutivos de delito.

Coche identificado pola Policía Local como autor dun atropelo a un home na Rolda de Outeiro, na Coruña.. CONCELLO DA CORUÑA
Coche identificado pola Policía Local como autor dun atropelo a un home na Rolda de Outeiro, na Coruña.. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta