Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 20:08
A autopsia confirmou a morte violenta da moza de 29 anos atopada falecida nun piso do municipio do Barco de Valdeorras o pasado venres. Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que explican que se solicitan testemuños entre as persoas máis próximas á vítima en busca de pistas sobre o sucedido.
O corpo con signos de violencia foi atopado na tarde do venres nun domicilio de rúa Conde de Fenosa. Ata alí desprazáronse membros da Policía Xudicial. Polo momento, non hai ningún detido. Pola súa banda, este sábado celebrouse unha concentración ante o Concello de O Barco en sinal de repulsa por esta morte violenta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.