Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 18:06
O Goberno galego autorizou este xoves o investimento de 35,2 millóns de euros para que as sete áreas sanitarias de Galicia conten co material consumible necesario para o funcionamento dos robots cirúrxicos Da Vinci.
A licitación, da que informou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, realizarase pola fórmula de acordo marco mediante único lote e cunha única empresa. O prazo máximo de duración do acordo marco e a súa prórroga será de catro anos.
O presidente da Xunta lembrou que se están investindo 20,5 millóns de euros nestes robots cirúrxicos Da Vinci e incidiu nas súas vantaxes, xa que melloran a destreza nas intervencións laparoscópicas, incrementan a precisión e facilitan os movementos do especialista. Ademais, para os pacientes supoñen unha maior seguridade e calidade e, no que respecta aos hospitais, "reducen a estancia postoperatoria".
O obxecto do contrato será a subministración de materiais dun só uso, imprescindibles nas cirurxías realizadas con este sistema, tales como distintos tipos de grapadoras coas súas correspondentes cargas, así como pinzas, cánulas, instrumental sellador, obturadores, cables, portagujas e tesoiras, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.