Medio cento de persoas concéntrase en Ferrol ao iniciarse os xuízos polos despedimentos do Grupo Cándido Hermida

Sindicatos apuntan que as causas alegadas pola empresa para prescindir dos operarios "son falsas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Sobre medio centenar de persoa concentrouse desde as 9,30 horas deste luns, 20 de setembro, diante dos xulgados de Ferrol, na rúa Coruña, con motivo das primeiras vistas polo despedimento de máis dunha vintena de traballadores do Grupo Cándido Hermida, cuxa sede central está no polígono de Río do Pozo, en Narón, acontecidos en abril deste ano.

A concentración foi convocada polos sindicatos CIG e CC.OO. e, segundo detallou Marco Sánchez (CIG) en declaracións a Europa Press, "dos tres xuízos previstos para este luns só se celebraron dous deles, xa que o terceiro foi suspendido". Ademais, están programados xuízos para este martes e mércores, días 21 e 22, quedando un gran número deles pendentes para o mes de outubro e novembro.

"AMEDRENTAR AO PERSOAL"

Sánchez asegurou que "as causas alegadas para estes despedimentos", de tipo económico, "non son certas e son falsas", xa que detallou que ao mesmo tempo que se prescindía destes operarios, "profesionais con moitos anos de experiencia", procedíase "ao contrato de novos traballadores por medio de empresas de traballo temporal (ETT), subcontratando obras ou realizando horas extraordinarias".

Incidiu Sánchez en que estes despedimentos foron "para amedrentar ao persoal e co obxectivo de sacar da empresa a todos aqueles que reclamaban os seus dereitos e que non estaban dispostos a sufrir unha precarización nas súas condicións laborais", sentenciou o representante do sindicato CIG.

Concentración ante un xulgado de Ferrol para apoiar aos traballadores despedidos do Grupo Cándido Hermida.. CEDIDA/EP / Europa Press
Concentración ante un xulgado de Ferrol para apoiar aos traballadores despedidos do Grupo Cándido Hermida.. CEDIDA/EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta