Por E.P. | Mugardos | 24/09/2021 | Actualizada ás 17:03
A concelleira de Benestar Social de Mugardos, Ana Varela, mantivo unha conversa telefónica coa Secretaría de Presidencia do Cabildo da Palma para ofrecer a colaboración do Concello, que dirixe o popular Juan Domingo de Dios, en todo o que poida ser de axuda para os veciños damnificados pola erupción do volcán.
O goberno local lembra que desde o Cabildo se solicitou axuda económica, a través da conta habilitada para tal fin.
No referente ao envío de material, como mantas, alimentos ou máscaras, sinala que non se contempla inicialmente esta necesidade, aínda que precisa que, de ser necesario no futuro, poderían organizarse envíos oportunos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.