Emitidos case dous millóns de certificados covid en Galicia

Deles, 1.877.744 foron certificados de vacinación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/09/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A Xunta emitiu un total de 1.950.300 certificados covid. Deles, 1.877.744 foron certificados de vacinación, 44.633 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 27.923 certificados de superar a enfermidade.

Carteis en diferentes idiomas de indicacións de obrigatoriedade de presentar certificados antes de acceder ao interior, nunha marisquería da rúa do Franco, en Santiago
Carteis en diferentes idiomas de indicacións de obrigatoriedade de presentar certificados antes de acceder ao interior, nunha marisquería da rúa do Franco, en Santiago | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na Atención Primaria, un acordo cos Colexios oficiais de Farmacéuticos para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.

Ata o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 42.373 persoas, que permitiron localizar as 498 persoas con resultado positivo.

Así mesmo, a Xunta, en colaboración coas áreas sanitarias, realizou test de antíxenos de maneira gratuíta nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron test a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta