Por Europa Press / Redacción | Monforte de Lemos | 25/09/2021 | Actualizada ás 20:04
A escavación impulsada pola Xunta no xacemento de Proendos sacou á luz un hórreo romano único en Galicia Así o comprobaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde, Luís Fernández, que visitaron o campamento onde o Goberno galego está a levar a cabo unha nova campaña en colaboración co Concello de Sober.
Na visita, o titular de Cultura destacou a importancia dos restos atopados, así como a importancia dos traballos feitos para profundar no legado excepcional de Sober. "Estes achados, únicos en Galicia, reforzan a importancia que xa tiña Sober na época romana e axúdannos a comprender como vivían as antigas civilizacións na nosa terra", engadiu.
Os traballos en marcha dan continuidade ás actuacións impulsadas neste espazo os últimos anos e que xa sacaron á luz restos romanos do século I ao V.
O resultado poderá contemplarse o martes nunha visita guiada organizada para divulgar os traballos feitos e pór en valor este xacemento. A ruta partirá da igrexa parroquial de Proendos a partir das 17,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.