Tolerancia 0 cos emigrantes europeos en Suiza

Os galegos que acudiron a este país na procura de traballo nos últimos meses terán problemas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2014 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Suiza volverá limitar a entrada dos europeos ao seu mercado laboral. Finalmente, a proposta do Partido Popular suizo tivo efecto, e o país helvético, que en gran medida se fixo co traballo dos emigrantes e que vive do diñeiro limpo ou non que chega aos seus bancos, restrinxirá o acceso aos cidadáns da UE.

Unha das portadas de Le Quotidien adicada á emigración galega a Suiza
Unha das portadas de Le Quotidien adicada á emigración galega a Suiza

A medida "Contra a migración en masa" foi proposta, en parte, para frear o gran número de emigrantes que chegaron a este país nos últimos tempos, especialmente, portugueses, españois e italianos. Unha medida semellante xa se adoptou en 2009 para controlar o fluxo de romaneses e bulgaros.

Cotas anuais

A pesar do axustado da votación --pouco máis do 50% dos que votaron arobaron a medida--, Suiza limitará, finalmente, a entrada de cidadáns de países da Unión Europea (UE) ao seu mercado laboral, a través do establecemento de cotas anuais que deberán aplicarse de aquí a tres anos.

Queda por ver se a UE tamén revisará, a partir de agora, a súa política laboral e económica con este país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pragmatismo

Pois acho bem que racionalizem a entrada de imigrantes. A Suíça não tem por que pagar as consequências das irracionais políticas impostas pelos lobbies financeiros da UE. Deixar entrar mais pessoas do que a economia pode absorver teria consequências nefastas na qualidade de vida dos habitantes do país, já forem nacionais ou imigrantes. A racionalização é o melhor para todos.