A Xunta non sabe cando estará operativo o helicóptero avariado do 061

"Estamos traballando o máis rápido posible", di o conselleiro de Sanidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/04/2025 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

Case un mes leva avariado un dos helicóptero do 061 e, aínda así, o Sergas non sabe aínda cando será reparado ou reposto. A Asociación Defensor do Paciente denunciaba xa o pasado 1 de abril ante a Fiscalía Superior de Galicia que o servizo de Urxencias Sanitarias 061 está sen un dos seus dous helicópteros, Concretamente, trátase do que ten a súa base en Santiago de Compostela

Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061
Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 | Fonte: 061

A presidenta desta asociación, Carmen Flores, indicaba nun comunicado que enviou unha carta ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suances, na que sinala que a falta desa aeronave "pon en grave risco ás persoas que desgraciadamente necesitan este servizo para salvarlles a vida". 

Pero o Sergas non sabe aínda cando estará o helicóptero operativo e bótalle a culpa a empresa que xestiona este servizo, Eliance, que leva xa acumulados máis de 80 expedientes por irregularidades. "Xa lle pedimos á empresa axilidade. É unha empresa que xa ten moitas penalizacións", dixo o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

De feito, Caamaño destacou que a Xunta xa traballa nunha nova licitación e "está traballando o máis rápido posible". Dos 80 expedientes abertos contra Eliance só 16 foron resoltos. A empresa xa tivo que pagarlle 145.000 euros á Xunta por mala praxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta