Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 19:50
Diversos municipios galegos promoven diferentes campañas de doazóns e axuda para afectados pola erupción do volcán Cumbre Vieja, na illa da Palma. Así, o Concello do Porriño acordou en pleno --tras proposta do PSOE-- doar 20.000 euros para axudar a afectados. A doazón realizarase con cargo a remanentes de tesouraría.
Pola súa banda, a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carballo coordina unha recollida de material humanitario para La Palma. As persoas que queiran colaborar poden participar con entrega de roupa de cama, produtos de hixiene e material técnico para o voluntariado na base do servizo.
Igualmente, o Concello de Miño inicia unha campaña de doazóns. Entre o 1 e o 3 de outubro, disporanse carros para a recollida de produtos e aveños de hixiene persoal nos supermercados do centro urbano: Covirán na zona da praia, Eroski na rúa Pumariega, Supermercado Dia e Gadis na rúa Carreira.
Neste caso, admítense doazóns de produtos de hixiene como cueiros, toallitas húmidas, compresas, tampones, xel, champú, desodorizante, cepillos de dentes e outros elementos de primeira necesidade. Á súa vez, o próximo 4 de outubro pola mañá poderanse entregar toallas e roupa de cama no roupeiro municipal de Rabazal, en Miño, ao pé da Policía Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.