Por E.P. | A CORUÑA | 14/10/2021 | Actualizada ás 18:37
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o "potencial emprendedor" da provincia e as oportunidades que ofrece o organismo provincial a través do seu Plan de Emprego Local (PEL) e da Rede de Espazos de Coworking ás emprendedoras e emprendedores coruñeses.
Así o sinalou na clausura da xornada dedicada ás startups (empresas de recente creación), organizada pola Deputación e na que participou tamén o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.
A xornada desenvólvese no marco da Startup Europe Week, unha iniciativa impulsada pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito local.
O evento tivo lugar esta mañá no Pazo de Arenaza, un dos espazos de traballo cooperativo da Deputación da Coruña. Nel congregáronse persoas emprendedoras e promotoras de iniciativas empresariais innovadoras e tecnolóxicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.