Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 27/10/2021 | Actualizada ás 10:00
O acceso aos dous estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol, tanto o de Fene como o Ferrol, permaneceu cortado durante tres horas, entre as 6,00 e as 9,00 horas deste mércores, 27 de outubro, pola presenza nas portas dos traballadores da empresa ElectroRayma, cuxa dirección reclama á empresa naval pública ata 4,7 millóns de euros polos traballos realizados nos dous buques AOR para a Armada de Australia, ao non existir acordo entre ambas as sociedades na cantidade.
Os traballadores da compañía auxiliar situáronse en todas as portas de ambos os centros e recibiron o apoio e solidariedade tanto dos operarios da principal como das compañías, que permaneceron no exterior e que xerou tamén algunhas retencións de tráfico.
Para a tarde deste mércores, segundo fontes consultadas por Europa Press, está convocada unha reunión entre Navantia e a dirección de ElectroRayma para tratar de desbloquear esta situación.
Este conflito está a levar á empresa auxiliar de electricidade e electrónica, con sede no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón, a unha situación financeira complicada, xa que debe dúas nóminas aos seus traballadores, concretamente a extra de verán e a paga do mes de setembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.