Por E.P. | Lugo | 03/11/2021 | Actualizada ás 20:13
O Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, do que forman parte ao 50% a Deputación de Lugo e a Xunta, abriu un expediente a un traballador que "usou a violencia física e verbal" cara a empregados dunha mutua de seguros da capital lucense.
A Deputación de Lugo informa de que, tras ter coñecemento do suceso por parte do persoal desta mutua, o Consorcio aprobou abrir expediente disciplinario co obxectivo de depurar responsabilidades que houbese ao entender que os feitos poden ser constitutivos dunha falta moi grave.
Ademais de nomear instrutor do citado expediente, "en atención a gravidade dos feitos", ordena como medida provisional a suspensión de emprego e soldo do traballador durante a tramitación do expediente disciplinario, sen que dita medida poida superar os seis meses.
Tamén pide que o instrutor realice os trámites necesarios para observar se a actitude do traballador fose constitutiva de conduta tipificada no ámbito penal, nese caso sinala que se deberá de dar conta ao Ministerio de Fiscal e suspender a tramitación do expediente administrativo a expensas do que se determine.
Por último, pide dar traslado da presente resolución ao interesado e ao comité de empresa do Consorcio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.