Prisión provisional sen fianza para o acusado do asasinato machista do Bolo

Investígaselle tamén por malos tratos habituais.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/04/2025 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución nº1 de Trives acordou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home investigado por acabar coa vida da súa muller no Bolo. Segundo informaron fontes xudiciais, o home de 72 anos está investigado polos delitos de homicidio e malos tratos habituais, coa concorrencia de agravante de parentesco. 

A vivenda onde unha muller de 76 anos foi asasinada onte polo seu marido, con cintas da Garda Civil, a 7 de abril de 2025, nas Hermidas, O Bolo
A vivenda onde unha muller de 76 anos foi asasinada onte polo seu marido, con cintas da Garda Civil, a 7 de abril de 2025, nas Hermidas, O Bolo | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Este é o primeiro crime machista, xa confirmado este luns por parte da a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, en Galicia no que vai de ano. Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos producíronse sobre as 18.20 horas do domingo na parroquia das Hermidas e ata o punto desprazouse un helicóptero medicalizado. Con todo, os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima, de 76 anos.

Precisamente o tenente de alcalde do Bolo e sobriño da vítima, Miguel Ángel García Fariñas, facía fincapé na importancia de denunciar en declaracións aos medios este luns. "Cando a xente teña coñecemento destas historias hai que denunciar", xa que, segundo lamentou, a súa tía nunca quixo facelo. "Ela nunca quixo denunciar, a familia está consternada porque ninguén espera que isto poida pasarche, agora temos cargo de conciencia pensando se podiamos facer algo", esgrimía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta