Máis de 50 colectivos ourensáns únense nunha "chamada de auxilio" contra o "desastre" do goberno municipal

Convocan unha manifestación cidadá o próximo día 18 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2021 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Medio centenar de colectivos ambientais, sociais e culturais uníronse este venres para presentar o movemento SOS Ourense, que describen como "unha chamada común de auxilio" contra o "desastre" do goberno municipal encabezado por Gonzalo Pérez Jácome e apoiado polo Partido Popular.

Co impacto sonoro do código morse de SOS e un pequeno grupo de percusión, SOS Ourense deuse a coñecer ás portas do Auditorio de Ourense coincidindo coa celebración da sesión plenaria ordinaria do mes de novembro, para "realizar unha chamada de auxilio contra o goberno municipal de Gonzalo Pérez Jácome e o Partido Popular". "Ourense ten que deixar de lado a pasividade, froitos de décadas de clientelismo e unha política social e cultural en dirección oposta ao ben común", reclamou a organización.

Segundo afirman no manifesto no que contan co apoio de ata 50 agrupacións, "Ourense sofre unha profunda crise social, ambiental e cultural" e por iso piden implicación cidadá e participación masiva na manifestación que organizan diante da Subdelegación do Goberno, o próximo día 18 de novembro ás 19.30 horas, contra distintas situacións que involucran aos distintos colectivos que forman o movemento.

"Contra a urbanización especulativa, a degradación do medio natural, o baleirado sen sentido e o peche das institucións culturais, a desaparición da concellaría de igualdade, o peche da Universidade Popular, o peche do Museo Municipal, o abandono das termas e contra un longo etcétera máis", dixeron apuntando algunhas das causas da manifestación.

Na organización hai colectivos como a Plataforma Non a ou Peche da UPO, Emerxencia Cultural, Amigos das Termas, Marcha Mundial das mulleres ou Amigos da Terra entre outros; así como ducias de federacións e de asociacións de veciños. Entre todos, animan a "traballar xuntos para cambiar o estado das cousas e para parar o desastre ao que nos leva o goberno de Jácome e o PP que demostraron ser un problema sen solución".

Segundo explicaron, a súa reivindicación non está politizada, motivo polo cal non quixeron que partidos ou sindicatos formen parte do movemento. "Impómonos nós a vontade alegre de traballar na rehabilitación do tecido social e cultural da cidade", sostiveron.

Máis de 50 colectivos ourensáns únense a través de SOS Ourense para facer unha 'chamada de auxilio' contra o 'desastre' do goberno municipal. SOS OURENSE
Máis de 50 colectivos ourensáns únense a través de SOS Ourense para facer unha 'chamada de auxilio' contra o 'desastre' do goberno municipal. SOS OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Gamela

SOS Ourense // Así explicado parece ter sentido // http://www.galiciaconfidencial.com/... Cando fala das obras soamente pensadas pra satisfacer o capricho do alcalde, pensei que estabamos a falar de Vigo !

1 Barbaña

Pero foron os ourensáns os que elixiron a "Jácome I" e a "Baltar II" para que gobernaran a cidade......agora, de que se queixan?

1 Sentidiño

Iso non é certo. Documéntese un pouquiño, e logo opine, se lle parece ben; ou opine sen criterio, como fai a maioría.

2 Sentidiño

Como faría o querido Gamela, voume "autorresponder": as ourensás e os ourensaos elixiron para o goberno o Psoe, en segundo lugar o Pp, e en terceiro o partido Democracia "Ourensana" (sic). Este último acadou sete postos, mais catro deles deixaron o partido. O señor Jácome é alcalde co seu apoio persoal a si mesmo, e máis o apoio de dous concelleiros de DO. Debera levar moito tempo no grupo mixto, mais o Pp de Ourense apóiao a cambio de que Baltar II, que non ten a maioría provincial, conserve o cacicado do seu pai corrupto.

3 Gamela

Por alusións... Os 4 presentáronse por D.O. os votos que os sentaron no Concello foron emitidos para D.O. Se siguen toreando o único camiño será Disolver a Corporación e nomear unha Xestora e quedan 2 anos por diante ! Pero semella que Villarino non ten nada mellor que facer que bloquear o Concello de Ourense ? Se queren a Deputación que envenenen a Baltar e listo! Pero entre o PP e o PSOE anda o xogo... e os demáis a buscar un carghiño non é iso do que se trata ? Alucinante pero certo !

4 Gamela

e a respecto dos 50 colectivos "non politizados" (sic) habería que preguntarse se as denuncias anónimas vai ser o novo sistema democrático (baseado na delación entre veciños) para gobernar Ourense? Ou iso só é valido para tirar contra Jácome con "pólvora do rei" (Villarino) ? http://www.galiciaconfidencial.com/...