Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2021 | Actualizada ás 10:00
Como cada ano cando chega o Magosto, Amigos da Terra lanza a súa campaña de "ecocosellos" para desfrutar do medio dun xeito respectuoso e responsable. É tempo de festexar na natureza e dende a entidade ecoloxista, xunto tamén con ESCUA, A Galleira, e Amigas das Árbores de Ourense, lanzan os seus particulares consellos para celebrar a popular festa de forma ecolóxica.
Así, aconsellan mercar produtos a granel, xa que canto menos lixo se xere menos haberá que limpar. Na mesma liña, aconsellan empregar a menor cantidade posible de plásticos e tirar o lixo de forma separada.
Recomendan tamén que cada persoa leve o seu propio vaso e utensilios reutilizables e que estes non sexan de usar e tirar. Ademais lembran que, no caso de precisar leña, non danar especies autóctonas e respectar á fauna do monte debe ser unha prioridade. Asimesmo, a campaña pide precaución á hora de facer lume e non tirar cabichas ao chan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.