Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/11/2021 | Actualizada ás 18:01
A Xunta destinou 4,6 millóns de euros entre 2018 e 2020, a través das axudas extraordinarias ao retorno, para o obxectivo de facilitar a integración social en Galicia de case 6.200 persoas pertencentes a familias galegas retornadas do exterior.
As axudas forman parte das accións específicas da Estratexia Retorna, que puxo en marcha a Secretaría Xeral de Emigración en 2018 e que se prorrogou debido á covid-19 durante este ano 2021. O pasado xoves, 18 de novembro, o Consello da Xunta foi informado da estratexia.
A 'Estratexia Retorna 2020', que facilitou que case 22.000 galegos do exterior volvesen a Galicia, iniciouse con 52 medidas de apoio para o regreso dos galegos do exterior ou dos seus descendentes, sendo unha ferramenta viva que finalizou con 64 liñas de apoio en marcha.
Ata o día de hoxe, superou os 20 millóns de euros en accións específicas dirixidas aos retornados; e convocáronse, ata 2021, 900 bolsas 'Beme' de excelencia para a mocidade exterior, que deron pé a "consolidar en Galicia ao 70% de participantes".
A Xunta informou de que xa se traballa na nova estratexia 22-25, que impulsará novas liñas baseándose nos resultados obtidos e na experiencia adquirida.
En total, con esta liña concreta, beneficiáronse máis de 2.000 familias de galegos retornados, que acollen a 6.200 persoas, cun idade media de 38 anos. O 35 por cento de familias contan con fillos menores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.